Colaboración dixital


 Un dos grandes beneficios que trouxo Internet con el é o de poder compartir os coñecementos de todo o mundo nun mesmo lugar. Isto permitiu achegar a persoas cos mesmos intereses e crear procesos colaborativos para a construción e creación de recursos e coñecementos. Un gran espazo común onde os menores poden aprender a ter unha visión máis ampla dos temas.

O noso alumnado co noso proxecto axudará a crear novos coñecementos a outro alumnado e eles mesmos traballaron con documentación e traballo doutros alumnos doutros lugares,é moi importante que o noso alumnado teña claro como debe crear todo o seu traballo para que sexa productivo para outro alumnado ou incluso para outras familias, docentes...

O uso de ferramentas dixitais de maneira cooperativa permitiranos un maior desenvolvemento do proceso educativo ao poñer en común diferentes formas de traballo e facilitar a avaliación formativa do alumnado, así como poder ver a recompilación de traballos ou informacións de cada grupo de traballo. Para isto prepararems un cartafol compartido con toda a clase na que aparece o mesmo número de subcarpetas que de equipos cooperativos, que terán que intergrar dunha forma ou outra todas as súas informacións e coñecementos durante a duración do proxecto.

Comentarios

Entradas populares