Identidade dixital


 A identidade dixital é a versión que existe en liña de cada persoa e créase a partir da actividade que se ten na internet a través dos anos.

Unha mala identidade dixital propia pode acabar prexudicando na vida real. Por iso é importante que desde nenos aprendan a crear e xestionar unha ou varias identidades dixitais, protexer a propia reputación e manexar os datos que producen a través de varias ferramentas, contornas e servizos dixitais.

A identidade dixital engloba toda a información sobre o noso alumnado ou organización que está publicada no ciberespazo. Inclúe os datos persoais dun usuario, as súas accións (fotos, material compartido, opinións, historial de navegación, publicacións…), así como o que outras persoas din del. É moi importante que o noso alumnado esté moi pendente, dede o seu inicio no mundo dixital, sobre como será a súa identidade, e sobre todo poderá ter coidado coa protección da mesma. O que se publica hoxe pode afectar a unha persoa tanto no momento actual como no futuro.

Comentarios

Entradas populares