Paticipación da cidadania


 Internet permitiu a todas as persoas participar na sociedade mediante o uso de servizos dixitais públicos e privados, así como de buscar oportunidades de auto-empoderamento e de cidadanía participativa a través das tecnoloxías dixitais apropiadas. O noso alumnado pode formar parte activa, é mais, vai formar parte desta sociedade e vaise a implicar en temas e movementos, e é por iso que deben saber como teñen que facelo.

A intelixencia social e emocional pode sufrir debido a un consumo excesivo de medios dixitais. En particular, a comunicación, que se limita ás mensaxes de texto, carece de elementos importantes da experiencia social cara a cara. A intelixencia emocional desenvólvese e fórmase principalmente a través da experiencia social sen intermediarios tecnolóxicos. Cando o noso alumnado comunícase mediante mensaxes de texto non se poden ver os xestos e as expresións faciais, aínda que conteñan emoticonos. Os matices no ton de voz tamén transmiten mensaxes que se perden e moitas veces son interpretados de maneira incorrecta. Ademais a interacción en redes sociais tecnolóxicas leva a un tipo de comunicación que a miúdo non é empática, é fácil que se produzan enfrontamentos e que se utilice unha linguaxe agresiva ou despreciativo, así como pasa nos xogos e aplicacións utilizan todos os recursos para atraer a atención, o que favorece o comportamento adictivo e que non se aprenda a distinguir o útil ou interesante do banal.

No tempo de educación infantil estos pasos non chegan a producirse na súa totalidade, sen embargo si se producen pequenos enfrontamentos polos xogos, o turno, a cor da tablet, se gañan, se perden...e por iso debemos ter moi en conta como tratar estos puntos para que todos eles se convertan nuns ciudadanos participativos na vida tecnolóxica con respecto e seguridade ante cada paso que dan. Debemos crear unhas normas básicas que dende pequenos os leven cara unha vida activa e saludable dixitalmente falando.

Comentarios

Entradas populares