Conduta dixital

 

Todo o que se publica na internet permanece aí para sempre e ten repercusións na vida real. Se temos en conta isto, e para garantir un uso responsable e seguro da internet, o noso alumnado debe ter unha aprendizaxe compleya e estar pendente das normas conductuales e dos coñecementos técnicos mentres se utilizan as tecnoloxías dixitais e a interacción en contornas dixitais. É moi necesario ademias que sepan adptar as estratexias de comunicación ente eles e cara ao público coñecendo as diversidades culturais e as contornas.

A educación dentro de internet é moi necesaria e polo tanto é imprescindible ter un conxunto de normas de comportamento na internet e nas redes sociais baseados nos principios de respecto e privacidade e non só ter en conta a “boa educación”, senón que tamén considerar aspectos característicos da “comunicación dixital”.

O noso alumnado deberá ter respecto polos demais, deben aprender a respectar as opinións e os dereitos dos demais, solicitando permiso antes de publicar información sobre outras persoas, mantendo unha actitude axeitada cara ao resto e evitando sempre calquera forma de acoso, intimidación ou discriminación. Deberá ter en conta a privacidade, o alumnado é necesario que saiba protexer a súa privacidade e a dos demais na rede, evitando compartir información persoal e confidencial con descoñecidos, así como evitando compartir a información doutras persoas sen o seu consentimento. Deberá ter en conta que é necesario buscar a veracidade da información, deben aprender a valorar a veracidade da información que atopan na internet, facendo comparacións entre informacións que reciben por diversas canles de comunicación, sobre todo deben ter coidado coas redes sociais evitando difundir información falsa ou enganosa (esto último terá moita importancia no seu futuro dixital) O alumnado debe aprender a utilizar internet de maneira legal, compartindo contido respectando sempre os dereitos de autor e as normas relacionadas co uso da información da internet, así como ter un comportamento na rede comportandose de maneira apropiada e educada en liña, evitando o uso de linguaxe ofensiva e o ciberacoso. Ademais, o alumnado ten que coñecer os códigos específicos de cada canle de comunicación respectando normas comúns, por exemplo que o uso de maiúsculas pode interpretarse como berros ou saber que é o spam. Por útimo deberá ter claro os dereitos e as responbilidades.

Comentarios

Entradas populares