Canles Dixitais
As tecnoloxías dixitais de comunicación dan forma á vida cotiá de moitas persoas en todo o mundo. Agora estamos a crecer con teléfonos intelixentes, consolas de xogo, tabletas e ordenadores como algo natural, incluso dentro dos centros educativos existe esta vida e por todo isto é moi necesario que o noso alumnado teña claro como son as canles dixitais.
Pero hai que ter claro tamén que os dispositivos tamén poden albergar perigos. Os nenos teñen menos experiencia na vida e menos coñecementos que os adultos e, por tanto, dependen dunha boa educación tecnolóxica por parte dos docentes o bo traballo dentro do proxecto.
O alumnado interactúa a través dunha gran variedade de plataformas dixitais, non só como medio de comunicación, senón tamén como bosquexo, información... por iso é necesario que comprendan cales son os medios de comunicación dixitais apropiados para cada contexto, sobre todo para todas as tarefas e momentos do noso proxecto. Deben entender que non é o mesmo comunicarse a través dunha plataforma educativa, WhatsApp, ou unha rede social... Cada espazo ten as súas normas de conduta, dereitos, deberes, obrigacións e perigos.
O alumnado debe aprender que plataforma utilizar en base ás súas necesidades, como facelo de maneira responsable, e como actuar para evitar os riscos aos que se expoñen.
Comentarios
Publicar un comentario